Catálogo literatura
Filtrar
PecharNova York, 1917. Gran pelexa entre cans e gatos. Ed o fanfurriñeiro, o cadelo orellán, acusa o clan dos Gattuccini de tratar de envelenar as súas croquetas. Unha banda de cans contra unha de gatos: unha nova e perigosa misión para Gatlock, que deberá poñer paz entre eles.
Este libro, en letra maiúscula e con lapelas que mudan a escena, axudará os máis pequenos nas súas aprendizaxes básicas.
Os protagonistas teñen que aprender a manexar as súas emocións: tristura, noxo, ledicia, medo ou impaciencia.
Tokio, 2020.
Pánico na cidade! Unha maldición converte os gatos en estatuas. Gatlock lidera a investigación para descubrir a verdade. El e os seus amigos están preparados para calquera cousa. Mesmo para se enfrontaren aos terribles samugatorais!
Quen nada baixo os icebergs? Quen oulea nas pólas dos bidueiros? Quen fai tremer o chan coas súas pisadas? Quen axexa dende as alturas a nevada tundra? Quen se agocha detrás dos argazos? E quen xoga cos cabaliños de mar?
A nai, o pai e Coconut sempre lle din a Cocolicot que os crocodilos son afoutos e nunca choran. Así e todo, un día Cocolicot non deu reprimido o pranto, e velaquí o que pasou.
Quen se agocha detrás das lapelas?
Un libro animado cheo de máxicas sorpresas.
Os nenos gozarán das adiviñas procurando os seus animais preferidos.
Os animais da granxa prepáranse para irse deitar: o pitiño batuxa na bañeira, o parrulo cepilla o peteiro, a vaca pon o seu pixama favorito e o porco le un conto. Un libro con lapelas sobre os hábitos previos a ir durmir.
Catro exercicios de relaxación, con palabras e movementos, que axudan a acougar os nenos e ao seu benestar.
Cacarabín, Cacarabón é unlibro de poemas baseados principalmente no folclore infantil.
O neno comprende así o marabilloso xogo do ritmo que poden encerrar as palabras elixidas segundo a el lle pete.
Cadeliño foi ao zoolóxico coa súa nai e alí atopo umoitos animais: o león, a xirafa, o cisne... Todos tiñan algo especial, mesmo el, pero Cadeliño aínda non o sabía.