Catálogo literatura
Filtrar
PecharAnimais, elementos da natureza, froitas, xoguetes, materiais para a escola, profesións, contos tradicionais e festas escolares. Entre estas oito seccións repártese o cento de ocorrentes adiviñas que completan este libro.
Unha moza de 15 anos ten problemas de entendemento co pai, desconfiado e machista. Para que non se vexa con Carlos, o mozo que lle gusta, envíaa a un campamento de verán en Sanabria.
A Paulo e a Antía encántalles estar xuntos e descubrir o mundo mentres conviven: xogan, báñanse, saen de excursión ao campo e á granxa, van á praia, ao zoo, ao circo... En cada un deses sitios gozarán de cousas que xa coñecían e das súas novas descubertas.
No ano 1936, Nicasio, un mociño dunha aldea da Terra Chà, acode co seu pai a traballar como segador en Castela. Porén, ao pouco de chegar alí, foxe desa vida de braceiro. El quere coñecer a capital, o Madrid moderno.
As parellas de animais deste libro poden parecer diferentes, pero comparten detalles que os achegan: longos pescozos, cores semellantes, viven no mesmo espazo, fan as mesmas cousas ou teñen o mesmo
Don Xata e os seus amigos teñen que atopar uns froitospara a festa da súa comunidade, pero desapareceron e, por riba, don Xata perdeuse! Todos terán que matinar para resolver os problemas que se lles presentan…e coidar do seu bosque!
Albelo é un ratiño que vive tranquilo no campo, nun espazo reducido ao contorno do seu tobo. Un día aparece Petís, que vén de lonxe.
Poucos poetas galegos gozaron en vida da difusión e da popularidade que tivo a obra de Celso Emilio Ferreiro (1912-1979) dentro e fóra do país.
Un simple pasiño abonda para mudar por completo unha situación. Nun peirao dás un paso e caes ao mar; neste libro de poemas, pasas a primeira folla e atravesas a outro mundo.
A Paulo e a Antía encántalles estar xuntos e descubrir o mundo mentres conviven: xogan, báñanse, saen de excursión ao campo e á granxa, van á praia, ao zoo, ao circo... En cada un deses sitios gozarán de cousas que xa coñecían e das súas novas descubertas.
Se vas a unha sociedade protectora de animais e ves unha cría de diplodoco que ten cara de tristura, é lóxico que che entren ganas de acollela.