Catálogo literatura
Filtrar
PecharÉ de supoñer que nunha vila que se chame Lemoito exista unha biblioteca engaiolante á que acoden moitos nenos e nenas. O que resulta máis difícil de imaxinar é que nesa biblioteca viva un libro que pasa os días contristado no seu andel. Iso non se pode nin imaxinar.
Tito é un pallaso e a estrela indiscutible do circo Rando; un personaxe cheo de inxenuidade, capaz de marabillarse con todo o que descobre e de ir recoñecendo os seus sentimentos.
Xavier é un neno ensimesmado e algo fantasioso que pasa o verán na vila dos seus tíos. Alí coñece a Clara, unha rapaza especial capaz de ver dentro dos seus soños. Xuntos descubrirán o misterio e os segredos de familia que acubillan as ruínas da casa de Andrés Troncoso, o bisavó de Clara.
Cando o bo de Filippo Lettera descubriu aquela rata que asomaba os bigotes pola rañura dunha caixa do correo, pouco podía imaxinar que tan só se trataba da primeira das miles e miles que ían tomar Nilemah (con hache tras do a) ata o punto de volver a vila do revés. Pero para todo hai solución.
Era unha vez unha nena que undía coñeceu unha raposa. Ou eraunha vez unha raposa que un díacoñeceu unha nena. Si, se cadraeran moi distintas. E, aínda así,decidiron achegarse unha á outra.Pasaron semanas e meses enteirosxuntas. Debuxaron, leron exogaron.
Sam soña con se converter nun nobre cabaleiro, e para iso debe superar seis probas. Nesta ocasión, o mozo deber atopar un corcel branco.
Chove a caldeiros e semella que a tarde vai ser moi aburrida. Cada habitante da fraga pasa o día dun xeito diferente. Porque unha tarde gris pode ser estupenda.
Que alguén fale é cousa común. Que o faga unha ra, é cousa rara. A protagonista deste relato fala polos cóbados (ou mellor sería dicir que fala polas ancas).
Que casualidade que o único cuarto da casa que non ten fiestra cara á rúa sexa o de Cecilia! Xa que logo, nunha parede ten colgado un cadro sobre unha xanela que pintou o seu avó.
Marcos, un mozo a quen o seu pai está a iniciar na escalada, sálvalle a vida a un alpinista suízo nos Picos de Europa; pero o vínculo entre ambos os dous nacera anos atrás, nas misteriosas rexións
Chegou a primavera. Leo está moi contento e convence a Filipo de pasaren un tranquilo día de pícnic. Pero o paseo non será, nin moito menos, como esperaban.
Uxío é un rapaz espelido pero algo problemático. Mentres os seus paise irmáns marchan de vacacións a un parque temático, el asiste contrariado a un campamento nunha illa onde os participantes teñen vedado o uso do móbil e deben alimentarse do que colleitan.