Catálogo literatura
Filtrar
PecharA quen non lle gustaría voar? Pois Sansón Lamparte, o protagonista desta historia, sabe facelo ás mil marabillas. Algo bastante normal, diredes vós, se naces nun circo,a túa nai é trapecista e o teu pai un deses arrichados artistas aos que lle chaman homes-bala.
O lume contador de historias nace cando un raio aviva unha póla da única árbore de pamarandá que existe no mundo.
Hai anos que unha sospeita atenaza a Abril. A decisión dos pais de trasladárense a un barrio novo e abandonar a súa vida anterior outorgaralle á nena a tranquilidade desexada.
Palacio de Schönbrunn, Austria, 1763.
Xoubas, desapareceu o colar da raíña Lisbeth! Gatlock ten só unhas horas para esclarecer o misterio. Canda os seus amigos os paxaros, os cans e o cachourizo, Gatlock non dubidará en lanzarse tras a pista do ladrón.
Sam soña conse converter nun nobre cabaleiro, pero non sabe como conseguilo. Unha viaxe dos pais obrígao a convivir no Castelo Mothscale con Prune, a súa prosmeira curmá, co seu excéntrico tío Archibald e mais coas estrañas criaturas das que se ocupa a tía Eglantine.
Nun peto do seu anorak, Zoe garda un segredo tan pequeno que cabería no corazón dunha mazá, pero é tan importante que non lle deixa durmir. Non llo pode contar a ninguén, e iso resúltalle dificilísimo. Será quen de aguantar?
Antón o aviador é un tipo con sorte: cando o seu biplano rematou o combustible e se viu obrigado a aterrar no medio do deserto, o que menos esperaba era dar cun xenio marabilloso disposto a concederlle tres desexos.
En outubro de 1891, con 10 anos acabados de facer, Picasso chega coa súa familia á Coruña, onde acaban de concederlle ao pai praza de profesor na Escola de Belas Artes. O rapaz axiña se adaptará á cidade e dará mostras do seu carácter curioso e inquedo.
Os animais son expertos na arte da camuflaxe. Poden facelo por medo, para ocultárense dos seus posibles agresores ou, como acontece moitas veces, para axexaren unha presa.
Os animais son expertos na arte da camuflaxe. Poden facelo por medo, para ocultárense dos seus posibles agresores ou, como acontece moitas veces, para axexaren unha presa.
Tomás non sae nunca á rúa. Fóra da seguridade do fogar axexan os perigos; todo lle resulta inestable. Só nas horas en que se sente máis consolado, atrévese a observar dende a fiestra a vida activa do seu barrio. E un deses días advirte que chegaron novos veciños.
Rematando o monzón, Sari embarca na dorna Preciosa á procura do seu mestre e amigo Simbad o Mariño. O vello piloto marchou un día sen avisar, deixando atrás nove misteriosos baúis e un ronsel de moitas horas de ensinanzas e conversas co rapaz.